Hola: un mes sem escriber. Non por falla de tempo, cicais por pasotismo e o mais sejuro porque tiña outras cousas que fazer.
O Domingo pasado coñezim a Andrés, rapaz de 11 anos, pero cun amor pola cociña inusual nun neno da sua idade; o día sejinte de conocernos e de falar de jastronomia, envioume un correio decindo que no seu cole ia a ser protajonista dunhas xornadas jastronomicas relacionadas con o Antroido.
Estivo na miña casa, e sem coñecernos, cunha simple ollada na miña bibrioteca percatouse de que era cociñeira. Paseando pola Fonte da Tella, entre o río Nejro e muiños, falamos de cocinheiros, de receitas, mentras a súa irma recollia as primeiras frores que anuncian a chejada da primaveira.
Coñece a Berasategui, Arzak, Subijana, Paco >Ron, Marcelo Tejedor, Picadillo, Adriá........ e atrevome a dizer que coñece a mais cociñeiros ca min. Faloume de fondos de caza, dos problemas que tiña pra faser os "bronwis", e de moitas cousas que as veces non sabia o que responderlle.
Rejaleille un livro, A Casa De Lúculo. E penso que tamen ten que leer as Notas de Cozinha de Leonardo. Pero primeiro ten que estudar.
Hoxe a miña receita vai adicada a il. Me deisaste fonda juella. E dinme conta de que eras un jran larpeiro e sobre tudo chocolateiro.
RECEITA PARA ANDRES
PASTEL DE CHOCOLATE CON COBERTURA DE AZEITE DE OLIVA VIRXE
Ingredintes:
Para o Biscoito:
180 grs.de azucre.
6 Ovos(mellor de curral).
1 Pelisquiño de Sa.
180 grs.de Noces moidas.
Cobertura:
1/2 kg.dechocolate de cobertura (o mellor é o da confiteria Coral de Compostela.
1 dl.de Azeite de Oliva.
Preparación:
1.- Bates os ovos co azucre i o sal, ata que dobren o seu volumen.
2.-Engadeslle as noces.
3.-Untas un molde (18 cms. de diámetro) com azeite de oliva.
4.-Botas a mixtura a forno precalentad0 a 180º por espazo de 40 minutos.
5.- Deiuxas refríar.
Cobertura:
1.- Fundes o chocolate a Baño María. Fora do lume engadeslle o azeite; bates ata que quede unha pasta homoxenea..
2.-Cortas o biscoito pola mitade (o mellor e cunha tanza, prejuntalle a teu pai).
3.-Embadurnas a cara das duas metades do centro e cubres o biscoito co rrsto da cobertura de chocolate.
4.-Deixas refríar, e podes decoralo con noces.
A decoración forma parte da túa imaxinación. Pero controla sempre mixturas de sabores.
Por hoxe xa vai bem. Amijos blogueiros. Pero tiña unha debeda pendente con Andrés.
jueves 19 de febrero de 2009
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada