Hoxe foi día de aproveitos. Aproveitoume durmir, e aproveitei as sobras de comida de onte, de fai
5 días ou cicais mais. Tudo na vida ai que aproveitalo.
Nestes dias de rebaixas; eu fajo as miñas na cociña. Desaproveitades o tempo de lecer, para volveros tolos nas grandes superfícies, loitando por aljo que sejuramente foi feito por xente que nin siqueras celebrou o nadal.
Onte comemos brecol con cenoiras e ovos o vapor. Non porque enjordara nestas festas; sobranme kilos dende que nascín. Cicais por iso aproveito tudo, e tudo me aproveita, por iso aproveito as sobras.
Tiña unhas fabas verdiñas no friger, arros branco e juevas de lumpo (queria desfacermas delas, lembravanme as festas, refirome as juevas), as tiña de lumpo, porque o caviar e aljo que deixei de tomar fai xa bastantes anos; noutra ocasión, cotareivos a miña experiencia con il.
E ajora ai vai o noso menu de hoxe:
Ensalada de Verdiña con Atún Roxo Arros Branco e Preve de Mostaza de Dijon con Zume de Limón e Juevas do Maldito Lumpo.
Restos de Brecol o Vapor con Bechamel de Bacallau, enriba de Preve de Tomate tudo isto jratinado.
Si queredes as receitas, xa o sabedes visitar o blog.
Nada mais por hoxe. Esqueciame dun comentario:
Dame noxo o que está a acontecer en Palestina, si saimos todos a rua polo do Irak, tamén podemos berrar por unha Palestina Livre.
Bicos
domingo 4 de enero de 2009
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
ehhhhh
ResponderSuprimirOla!
ResponderSuprimirUn pracer atoparche nestos fogóns, bueno, ou nesta frejadeira, jejej. Uo e sorte nesta cociña.Un saudo dende a cociña do Lestón de Sardiñeiro