Hola: Xa estou eiqui. Hoxe día 30 de Decembro, a piques de acabar o ano. Recollin todo no noso restaurante, e quedou pechado;todo recollido, todo no baul dos recordos (coma decia Karina).
Pero sejimos, sejimos adiante.
Chejei a miña casa dos Muños, fun o Pataca a mercar unha cerveja, ali atopeime cun rejeifeiro; iso decia, pero nin rejeifa nin nada. Falamos. Falamos da cea de fín de ano, il viuvo, tirandome os tellos i eu falando de cocinha. O peixe azul saiu na conversa, coma bo viuvo ia ceñar so. Prejunteille ¿o que?. E dixome con unha mirada lasciva, Xarda ó Forno.
Invitoume a tomar aljo, non dixe que non; aceitei a sua invitación, e Gina serviume unha birrita.
Falamos, eu rejeifei, pero sen resposta. Mesas de xente xojando o truco, nenos berrando con monecos e cochiños (carricoches), monecos calvos, sen ollos, inda non chejaron os reises para traeres o mellor de Toysaras.
Peixe azul, esquecido, peixe de probes, peixe mal parido. Pero peixe; peixe rebuldeiro e cando foi do Cason os merjulladores decian que habia xardas sen carne, que veian espiñas de xarda e de robalo, coma ese lojotipo de modernidade, que estampado nas camisetas, nadaban a corrente do mar da C osta da Morte.
Non esquezo o rejeifeiro (sin selo). Nin o peixe azul. E para rematar o ano vai ista receta.
AJULLA ESCABECHADA
Injredientes:
Ajulla, cebola, cenoira, allo, loureiro, aceite de oliva (virxe), vinajre (non Procer), pementon doce, sal e romeiro.
Cortamos a ajulla, despois de limpala,
uns graos de pementa, ben enfariñada.
Fretimos a ajulla, que está enfariñada,
en un bo aceite, e antés salghada.
Cando esté fritida, pasamola a un prato,
sin que non refríe, cantamoslle un rato.
Picamos cebola, cenoira e mais allo,
poñemos tixola con aceite a esjallo (serve o aceite de fritir a ajulla).
Todiña a xuliana, xunto con loureiro,
vai para a tixola, tamen o romeiro.
Deixamos fritir, todo a mojollón,
poñemos vinajre tamén pimentón (mellor da Vera).
Bañamos a ajulla, con iste fritido,
deixamola un día nun sitio ben frío (cazola de barro).
Pasado ese día, poden ser tres maís,
comemola ajulla, xunto cos demaís.
Bueno, acabei por hoxe, xa parín a miña primeria receta. Non pensedes que van ir sempre en verso, pero hoxe, cicais polas birritas atopome inspirada.
martes 30 de diciembre de 2008
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
e mais xurelos porque non xarda i tamen unhas sardinhas
ResponderSuprimir